xoves, 24 abr 2025
O alcalde reivindicou este xoves, ante os participantes no “XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores” que ten lugar na sede de Afundación, o carácter amigable e acolledor da cidade de Vigo, e a vocación das persoas que desde a idade deciden manterse activas e “seguir sendo parte integrante na toma de decisións da sociedade” porque os anos non son “ unha limitación”.
xoves, 24 abr 2025
Abel Caballero e a tenente de Alcaldía, Carmela Silva, mantiveron un encontro este xoves con Cristina Maragall, presidenta da Fundación, e filla de Pasqual Maragall.
xoves, 24 abr 2025
A Axencia Europea de Control de Pesca, que ten a súa sede na cidade de Vigo, celebrou o seu 20 aniversario nun acto celebrado esta mañá no Tinglado do Porto. A cidade conta co principal porto pesqueiro da Unión Europea, do que se congratulou o rexedor, destacando o importante papel que exerce a Unión Europea e a importancia que ten o sector pesqueiro en Vigo, "unha actividade da que temos un coñecemento exhaustivo, porque os avós dos nosos avós xa pescaban, e sabemos que os netos dos nosos netos seguirán realizándoo". No acto, entre outras autoridades, tamén participaron a directora xeral de Asuntos Marítimos e Océanos (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, a secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, e a Directora Executiva da Axencia Europea de Control da Pesca, Susan Steele.
mércores, 23 abr 2025
A sede da Delegación do Goberno na cidade acolleu este mércores unha xornada de traballo na que participaron Abel Caballero, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o delegado da Zona Franca, David Regades coa secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, quen destacou o peso estratéxico do sector pesqueiro en Vigo e trasladou o compromiso do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co futuro da pesca galega. No encontro estiveron tamén o director xeral de Pesca Sostible e a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA, Ramón de la Figuera e Aurora de Blas.
mércores, 23 abr 2025
O alcalde felicitou hoxe á organización e patrocinadores de "Fe Seguros Carreira Praia de Samil Memorial Alfonso Varela", integrada no circuíto “Run Run Vigo”, polo récord de participantes rexistrados na quinta edición, con 1.300 corredores. A carreira, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de abril a partir das 10.30 da mañá, estará amadriñada pola atleta olímpica Julia Vaquero.
mércores, 23 abr 2025
O alcalde destacou este mércores as cifras “récord de turismo” en Vigo o pasado mes de marzo, cun incremento do 20,7 por cento con respecto ao mesmo mes de 2024. “Son os mellores datos turísticos de marzo desde que hai datos do Instituto Nacional de Estatística", afirmou.
mércores, 23 abr 2025
Nestes momentos están executándose os traballos de demolición cun protocolo “moi definido e delicado” para evitar derrubamentos. O material resultante será utilizado na cimentación da nova bancada.
mércores, 23 abr 2025
O ascensor da cidade recibirá un accésit do Premio Acueducto de Segovia de Obra Pública e Medio Ambiente que concede de xeito bianual o Colexio de Enxeñeiros, Camiños e Portos e a Fundación Camiños de España para recoñecer o fomento da obra pública no ámbito nacional pola súa transcendencia económica e social, así como polo destacado papel que exerce no progreso e no benestar cidadá.
martes, 22 abr 2025
O alcalde expresou hoxe o apoio do Concello de Vigo ao traballo que desenvolve "Loita: Plataforma pola defensa dos menores, nais e familias ante a sanidade pública", á vez que compartiu as reclamacións tanto de aumentar a dotación de medios para a atención temperá coa finalidade de dar resposta ás necesidades de todos os menores de 0 a 6 anos que o precisan, como de estendela ata os 16 anos. "É a gran reclamación porque hai ducias de familias en Galicia" en espera de resposta por parte do Sergas, asegurou Abel Caballero
martes, 22 abr 2025
Este martes, 22 de abril, as fontes de Aragón ilumínanse de verde e laranxa para conmemorar o Día nacional da Fibrose Quística e darlle visibilidade a esta enfermidade crónica e hereditaria que representa un grave problema de saúde. É unha doenza dexenerativa que afecta principalmente aos pulmóns e ao sistema dixestivo