O alcalde anima a participar na XII Carreira da Cereixa de Beade para bater o récord de 2024
luns, 19 mai 2025O alcalde destacou este luns a “dureza” do circuíto da XII Carrera da Cereixa de Beade, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de maio.
O alcalde destacou este luns a “dureza” do circuíto da XII Carrera da Cereixa de Beade, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de maio.
As fontes de Aragón ilumínanse de azul hoxe venres polo Día Internacional da Enfermidade Celíaca, unha xornada na que as familias e as asociacións queren concienciar á sociedade e ás administracións sobre esta enfermidade e outras patoloxías relacionadas coa inxesta de glute.
O alcalde reuniuse con Libor Sečka, embaixador da República Checa en España, co obxectivo de buscar oportunidades para a colaboración entre o país e a cidade no sector da automoción e espacial. Caballero e Sečka tamén compartiron a súa afección polo fútbol, concretamente debatiron sobre os logros do Real Club Celta nesta tempada.
O alcalde avanzou o acordo aprobado hoxe pola Xunta Local de Goberno para licitar as obras da humanización da rúa Serafín Avendaño, entre a Avenida de García Barbón e o acceso ao ascensor HALO, por 1.765.000 euros.
A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe, por 832.000 euros, a obras de construción da cuberta da pista deportiva de Zamáns. “Unha gran actuación en Zamáns, cunha nova pista deportiva cuberta”, recalcou el alcalde.
“É o maior investimento no ámbito rural que se fixo nunca na historia da cidade”, apuntou o rexedor, ao dar conta do proxecto de obras que inclúe humanizacións e beirarrúas.
O alcalde destacou este xoves, durante a presentación do XI Torneo de Pádel Concello de Vigo que se celebrará do 23 de xuño ao 6 de xullo nas instalacións dos Máis que Auga de Barreiro e Navia, a vertente solidaria da competición que este ano aspira a bater o récord mundial de participantes.
Abel Caballero recalcou hoxe, co subdelegado do Goberno, a primeira tenente de Alcaldía, e as concelleiras de Medio Ambiente, Turismo e Participación Cidadá, que dos 6,6 millóns das obras da segunda fase de humanización da Avenida de Galicia, o Goberno de España achega 4,1 millóns, o Concello 1,5 e a Xunta 2,5 millóns. “Entre o Goberno e o Concello achegamos o 75 por cento do total das obras”, remarcou o rexedor ao apuntar que na identificación da reforma unicamente aparecen os carteis da administración galega a pesar da obriga de sinalar o financiamento do Goberno de España.
Desde maio de 2024 ata o pasado mes de abril, o servizo municipal de atención á cidadanía atendeu 113.468 chamadas telefónicas e realizou preto de 70.00 xestións. “O 010 presta un servizo extraordinario”, destacou hoxe o alcalde.
A sede da Zona Franca de Vigo acolleu este xoves a presentación da sexta edición dos Premios Ardán á excelencia empresarial, na que Stellantis Vigo recibirá o premio especial pola súa traxectoria. A entrega será o 22 de maio ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo.