O alcalde felicita o Nadal ao persoal municipal
Abel Caballero brindou coas traballadoras e traballadores do Concello por seguir facendo de Vigo un lugar referente durante a recepción de Nadal celebrado na lonxa do edificio consistorial. No seu discurso puxo en valor o traballo do persoal, "sen os que non sería posible facer o traballo que impulsa a cidade cada día". O alcalde desexou ás persoas asistentes un bo Nadal e unhas boas festas.