Escoitar

O Concello avanza na xestión de vivenda pública a través da Empresa Municipal

A Empresa Municipal de Vivenda asumirá como primeira actuación a construción de 200 vivendas en Santa Cristina. Tal e como anunciou Caballero, o capital inicial desta iniciativa é de 4,5 millóns.

venres, 19 dec 2025

O alcalde anunciou un novo encontro da comisión da Empresa Pública de Vivenda (EMV) na que se abordou, entre outros, a memoria xustificativa de viabilidade -que xa está moi avanzada-, o borrador de estatutos, ademais do plan de traballo. Cun capital inicial de 4,5 millóns, “estamos avanzando a moito ritmo”, alugueiro, construción, venda, e rehabilitación de vivenda, ademais xestionar todo os inmobles que se incorporen ao Plan de Alugueiro Municipal. Caballero anunciou que o primeiro que vai facer a EMV será a promoción de Santa Cristina, con 200 pisos.

 

Descargar todas as imaxes