O alcalde celebra o Nadal coa comunidade educativa do CEIP Altamar
Abel Caballero e a concelleira de Educación participaron este venres na celebración do Nadal organizada pola comunidade escolar do CEIP Altamar na que ou alumnado, o profesorado e as familias compartiron as 12 badaladas para despedir o ano 2025. O alcalde asistiu á interpretación da panxoliña composta polo estudantado e trasladou os seus mellores desexos a toda a comunidade educativa.