Escoitar

A Pinacoteca desprega a mostra "As cidades de Colmeiro" ata o 15 de marzo de 2026

Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración da mostra “As Cidades de Colmeiro” que permanecerá aberta na Pinacoteca Fernández del Riego ata o 15 de marzo de 2026. A exposición recolle a visión e expresión plástica do artista durante toda a súa existencia creativa, sobre distintas cidades europeas e de América do Sur nas que residiu.

xoves, 27 nov 2025

O alcalde destacou as exposicións de grandes artistas galegos organizadas na Pinacoteca Municipal Fernández del Riego, como a que permanece aberta desde hoxe coa obra de Manuel Colmeiro, que recollen as súas creacións sobre cidades como Vigo, París, Bos Aires ou Ámsterdam.

Caballero remarcou o carácter de “pintor excepcional” de Colmeiro e a importancia da mostra centrada nas súas creacións sobre as urbes nas que residiu e que se realiza nun museo municipal que ao longo do ano organiza exposicións con artistas galegos de referencia.

A neta do artista, Alba Corral Colmeiro, agradeceu ao Concello a iniciativa que recolle as obras realizadas ao longo de toda a traxectoria creativa do artista. O comisario da mostra, Carlos L. Bernárdez, detallou que a mostra parte coas obras realizadas por Colmeiro en Buenos Aires nas que reflicte a súa percepción sobre a realidade social da cidade. Explicou que ao seu regreso a Galicia, con 26 anos, reflectiu a nova realidade galega que percibe coa que “se compromete vital e culturalmente”. Incidiu nos “matices” que se observan nas creacións realizadas en urbes como Bilbao ou Amsterdam.

Horarios

. Luns e xoves: 18.00 a 21.00 horas

. Mércores e venres: de 11.000 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

. Sábado: de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

. Domingos: de 12.00 a 14.00 horas

 

Descargar todas as imaxes