Escoitar

O Goberno municipal avanza na humanización de Cesáreo Vázquez

O rexedor explicou que o investimento superará o millón de euros nesta rúa. Amais informou de que “o luns enviou asinado o convenio para o financiamento da piscina de Teis” e sinala que “se a Deputación quere, que a asine e se non quere, que non a asine”.

xoves, 27 nov 2025

Abel Caballero avanzou esta mañá os progresos da humanización de Cesáreo Vázquez. O tramo entre Ricardo Mella e Canido, ten “o proxecto xa redactado e temos todos os permisos sectoriais e polo tanto estamos en condicións de iniciar a humanización”.

O investimento é de “máis de 1 millón de euros”; en concreto serán 1.086.000 euros. Na parte de arriba, entre Ricardo Mella e a Estrada de Camposancos, “estamos neste momento colaborando coa asociación de veciños para lograr as cesións”. A partir de aí continuarase coa humanización.

Piscina de Teis

“Seguimos avanzando na piscina de Teis, no que importa, na obra”, comezou o rexedor, destacando que “vai a moita velocidade e polo tanto seguramente podemos abrila antes do que tiñamos previsto”. Caballero explicou que “o luns enviou asinado o convenio para o financiamento da piscina de Teis” e incidiu que “se a Deputación quere, que a asine e se non quere, que non a asine”, e recalcou que “imos facela igual”, aínda que sexa con fondos do Concello.

 

Descargar todas as imaxes