luns, 21 mar 2011
O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na terceira xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 27 de marzo.
venres, 18 mar 2011
Abel Caballero acudiu hoxe venres á inauguración oficial da humanización de Pi y Margall, máis de 3 millóns de euros de investimento e máis de 5 quilómetros de redes soterradas renovadas, entre o abastecemento, o saneamento e as canalizacións de augas pluviais. O alcalde agradeceu "infinito" a "paciencia" dos veciños e disculpouse polos inconvintes dunha obra "moi complicada", que ao tempo xerou unha "gran cantidade de emprego".
venres, 18 mar 2011
Abel Caballero avanzou neste venres que as exencións do pago do imposto de vehículos por discapacidade supuxeron un aforro de 560.460 euros, ás que engadiu as máis de 823 exencións do 75% desta taxa para os vehículos ecolóxicos e outros 19 para os híbridos, cun aforro de 50.000 euros. O rexedor reiterou de novo o apoio municipal ao coche eléctrico e afirmou que estes non pagarán este imposto.
venres, 18 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres a decisión tomada pola Xunta de Goberno Local, celebrada na mañá de venres, que deu o visto e prace ao contrato asinado entre o Concello e a empresa Vortal S.L para a implantación da contratación electrónica. O alcalde destacou que a iniciativa é unha mostra máis da transparencia nas transaccións que, a partires de agora, serán máis seguras, máis simples e máis rápidas. O aforro estimado é dun millón de euros.
venres, 18 mar 2011
Abel Caballero explicou que a rebaixa do 70% terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro e anunciou que non descarta reducir esta porcentaxe de rebaixa ao 90%. O obxectivo da medida, segundo indicou o alcalde, é dar apoio ao sector hostaleiro e ao emprego que xera na cidade polo momento económico que está a vivir.
xoves, 17 mar 2011
O alcalde, Abel Caballero, e unha das responsables da entidade na cidade, Marisé Pérez Mariño, presentaron hoxe xoves esta iniciativa gratuita, unha carreira popular que terá lugar o domingo ás 11 horas para sensibilizar á cidadanía da importancia da auga e para recaudar fondos para proxectos en Níger. Cada participante suporá un euro que o Concello destinará á causa, cunha cantidade xa comprometida de 6.000 euros.
xoves, 17 mar 2011
Abel Caballero participou este xoves nos actos de celebración do patrono da Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, onde subliñou a capacidade viguesa para competir no mundo e alabou o traballo dos enxeñeiros. Respaldou o alcalde á industria viguesa e citou o exemplo da colaboración municipal coa Universidade e a empresa no proxecto europeo Civitas que impulsa Vigo para implementar o vehículo eléctrico.
martes, 15 mar 2011
Abel Caballero presentou este martes o primeiro aeroxerador eólico urbano que se instala en Vigo, e que dará servizo ao alumeado público da rúa Manuel Cominges, en Matamá. O muíño ten 12 metros de altura e ofrece unha enerxía limpa anual de 5.554 kw/hora, a cuarta parte das necesidades eléctricas desta rúa e unha reducción de 3.600 quilogramos de CO2 anuais. O Concello planea ampliar estas instalacións a Samil, a ETEA e VigoZoo.
luns, 14 mar 2011
O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na segunda xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da AACC Agarimo, SCD Nautilius de Comesaña, Perla do Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral e María Auxiliadora. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 20 de marzo.
luns, 14 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos organizadores da vixésima edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará no IFEVI do 30 de abril ao 8 de maio, datas nas que "Vigo se convertirá na capital española do automóbil", e incluso "é posible", avanzou Caballero, que o Salón olívico sexa o único de España das características do vigués.