xoves, 14 abr 2011
Abel Caballero recibiu na mañá deste xoves a visita de cortesía da cónsul xeral en Galicia-España de Uruguay, Marta Echarte Baraibar, quen ocupa o cargo desde o pasado ano 2010. Durante o periodo 2002-2007, Marta Echarte ostentou o mesmo posto diplomático en Madrid.
xoves, 14 abr 2011
O alcalde visitou na mañá deste xoves os traballos que se están a desenvolver na rúa, nos que se tamén inclúen tamén a zona de confluencia con Genaro de la Fuente, e na que o goberno local investirá 2 millóns de euros. O rexedor socialista avanzou que a humanización estará rematada "en semanas" e que conformará, xunto as remodeladas Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo, un novo ámbito de referencia na cidade
xoves, 14 abr 2011
Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o convenio para a xestión do centro de inclusión social que irá emprazado no Berbés será asinado de "inmediato" a sinalou que "estamos a facer a adaptación técnica porque imos engadir o baixo ao albergue". O baixo do edificio estaba ocupado por unha oficina de Caixanova que vai deixar, e o Concello integrará este andar no proxecto, culminando nun albergue de cinco alturas.
mércores, 13 abr 2011
O partido disputarase o próximo venres ás 20:45 horas no Pavillón das Travesas, con entradas a 3 euros, un encontro clave nas opcións dos celestes de acceder aos cuartos de final da Liga Nacional de Fútbol Indoor 2011. O alcalde e xogadores como Gudelj ou Ratkovic solicitaron o respaldo dos afeccionados nesta "importante" cita para o futuro do equipo na competición.
mércores, 13 abr 2011
Abel Caballero recordou que o goberno municipal está a levar adiante un "asfaltado masivo" de rúas por todo Vigo para o que está a investir tres millóns de euros. Este proceso, o "máis importante" feito nunca na cidade, iniciouse o pasado 24 de febreiro e o alcalde adiantou que prologarase dous meses ata a finalización das máis de 100 actuacións proxectadas. O obxectivo municipal é deixar a rede viaria viguesa "nas mellores condicións posibles".
mércores, 13 abr 2011
Abel Caballero recoñeceu este mércores ao ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso adquirido onte en Ourense de licitar o próximo ano o traxecto de AVE que unirá directamente Vigo e a capital das Burgas por Cerdedo, unha vez estean rematados os proxectos básicos que actualmente redáctanse. O alcalde amosouse "satisfeito" da garantía dada por Fomento nun "tema moi serio" como a conexión directa de Vigo a Madrid en Alta Velocidade ferroviaria.
martes, 12 abr 2011
Abel Caballero visitou este martes a empresa Herlayca, "empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas", onde defendeu respaldar á industria de compoñentes do naval e da automoción que opera en Vigo e está a solventar "francamente ben" a crise económica. As compañías que ven visitando o alcalde nas últimas semanas forman parte destas e suman 6.000 empregos na cidade.
O alcalde participou esta fin de semana na presentación do libro "Cabral, olladas do pasado"
luns, 11 abr 2011
Xosé Manuel Álvarez Estévez achega un novo traballo de investigación, a través das imaxes, onde afloran escenas da vida cotiá desta parroquia. O libro é unha ferramenta ilustrativa composta por 500 fotografías do século pasado a través dun percorrido de 360 páxinas.
venres, 8 abr 2011
Abel Caballero visitou este venres as instalacións da empresa de compoñentes da automoción MGI Coutier España, ubicada no Polígono do Caramuxo onde traballan máis de 350 persoas. Esta compañía é provedora de pezas metálicas e plásticas para marcas como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras. O primeiro edil ofreceuse a intermediar co Ministerio de Industria nos proxectos da automoción viguesa de I+D+i.
venres, 8 abr 2011
O alcalde asegurou que "creo que a semana que vén vaise asinar o convenio" para xestionar o albergue para persoas sen teito de Vigo, que estará ubicado na Praza do Berbés. Indicou Caballero que o proceso está no "trámite administrativo do Concello" e na "liberación dos fondos" para rubricalo, e enviou unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía porque "vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas en teito" que será xestionado por "profesionais" do sector.