venres, 29 abr 2011
O alcalde de Vigo garantiu a colaboración municipal nas actividades previstas pola entidade na cidade, como a celebración o próximo sete de maio no Pavillón das Travesas dos XVI Xogos Autonómicos de Fútbol Sala - Trofeo Carlos Outeiriño. Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro para a promoción e inserción social das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
xoves, 28 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este xoves cos responsables de Agarimo un convenio de colaboración para apoiar a actividade desta entidade na cidade. O primeiro edil subliñou a "gran dinámica" desta formación na atencións ás persoas de idade mediante distintas actividades, como a organización de viaxes ou eventos culturais de diversa índole.
xoves, 28 abr 2011
O alcalde, Abel Caballero, e a Asociación de Directores de Colexios Públicos de Vigo reuníronse este xoves para ratificar a vontade das partes de "seguir cooperando" na defensa da calidade do ensino público e rubricar o compromiso municipal de manter os fondos que adica o Concello á autoxestión dos centros. Caballero avogou por "dar facilidades" aos colexios para acceder aos mesmos e defendeu a súa "vocación" de ampliar as partidas económicas.
mércores, 27 abr 2011
Abel Caballero e distintos membros do goberno local percorreron hoxe mércores as rúas Colón e Areal ata chegar ás obras de construcción do novo aparcadoiro soterrado desta rúa, que sumará un total de 330 prazas, das que 64 estarán resevadas para residentes. A superficie desta infraestrutura supera os 5.000 metros cadrados e conlevará ademais a humanización da rúa, tal e como fixo o Concello nos de Policarpo Sanz, Jenaro de la Fuente, a Avda de Castelao e Pintor Colmeiro.
martes, 26 abr 2011
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este martes a empresa Utilvigo, que elabora o material que controla a calidade das pezas da industria automobilística principalmente. Caballero eloxiou a "capacidade" innovadora da compañía e indicou que "na saída da crise, Vigo ten que ocupar unha posición relativa máis poderosa da que ocupabamos ao entrar".
martes, 19 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a empresa Matrigalsa, unha das tres primeiras factorías do mundo en produción de moldes de gran tamaño e alta tecnoloxía para a fabricación de pezas, con clientes principalmente no sector da automoción. Caballero eloxiou a "altísima calidade" da firma e comprometeuse a mediar co Ministerio de Industria para que continúe cos apoios.
luns, 18 abr 2011
O pasado sábado iniciouse a ruta Vigo-Londres subvencionada polo Concello de Vigo e o alcalde valorou hoxe positivamente o establecemento desta conexión para os negocios da cidade olívica e para o turismo. Das 180 prazas dispoñibles, a ruta a Londres ocupou 151 e a volta a Vigo outros 97 asentos. "Acertamos cando apostamos por este avión", asegurou Abel Caballero.
luns, 18 abr 2011
Abel Caballero entrevistouse este luns coa Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA), con quen comprometeuse a estudar conxuntamente novas fórmulas de apoio ás pequenas e medianas empresas da cidade. Este respaldo, a formalizar nun convenio coa entidade, sumaríase ás rebaixas nas taxas de terrazas e de licenzas impulsadas polo goberno local, e eloxiadas por AJEGA.
venres, 15 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo canario, Jerónimo Saavedra, asinaron hoxe venres o acordo oficial de Irmandamento das dúas urbes, en presencia de representantes dos tres grupos políticos municipais. Vigo e As Palmas están vencelladas por lazos comerciais, sociais e culturais, ademais de polas relacións pesqueiras e a Casa de Galicia presente na urbe canaria. O Irmandamento afondará nas relacións entre as cidades e no seu coñecemento mutuo.
venres, 15 abr 2011
O alcalde visitou este venres a empresa Marsan Transformaciones Superficiales, compañía provedora da industria da automoción viguesa e galega cunha "enorme capacidade de I+D" e varias patentes internacionais. Caballero indicou que esta firma da cidade súmase á "enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación" como vía para a saída da crise.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a "cooperación" municipal nos seus procesos industriais como "factor de apoio" á automoción viguesa e galega.