Escoitar

O alcalde anuncia melloras en Conxemar para que "poida soportar a competencia desleal" de Barcelona

Abel Caballero reuníuse este mércores cos responsables da feira, hosteleros e hoteleros de Vigo para identificar melloras en Conxemar para que "ademais de efiza, sexa cada vez máis competitiva". O goberno local encargarase de coordinar cuestións como unha mellor organización do transporte, dos aloxamentos e das instalacións do IFEVI. Caballero comprometeu o apoio municipal para evitar que Conxemar acabe en Barcelona.

mércores, 4 xan 2012
1325682604conxemar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que Conxemar é "obxecto dun ataque frontal desde Barcelona, con competencia desleal" que ten coma finalidade levarse a feira viguesa á capital catalana.

Trátase dun "reto frontal para esta cidade" ante o que é preciso "tomar todas as decisións que garantan que Conxemar siga en Vigo", segundo explicou o primeiro edil, pois a pesca representa a terceira parte da economía viguesa, empregando a unhas 30.000 persoas de forma directa ou indirecta.

A reunión celebrada este mércores, solicitada polo sector ao alcalde, identificou posibles melloras no evento internacional vigués para que "ademais de eficaz, sexa cada vez máis competitivo", con catro eixos principais sobre os que traballar nos próximos meses.

O alcalde detallou que as instalacións do Instituto Feiral de Vigo presenta dificultades de refrixeración -aire acondicionado- que deben solucionarse, implementarase tamén a coordinación dos sistemas de transporte tanto públicos como privado ao IFEVI para gañar eficacia, reconsiderarase as modalidades de paquetes hoteleros ofertados ao mercado e mellorar a organización da feira, con respecto a algúns workshops adicionais.

Abel Caballero incidiu en que, unha vez detectadas as cuestións, o Concello de Vigo coordinará esta laboura con Conxemar, co transporte, cos hoteis e coa organización do evento, polo que agardan "meses de moito traballo".

O rexedor recordou que "as administracións públicas non podemos tolerar" a competencia desleal de Barcelona, e comprometeu o apoio municipal para que "Conxemar poida soportar a competencia desleal de Barcelona se efectivamente prodúcese". Caballero reclamou o mesmo respaldo á Deputación de Pontevedra, á Xunta de Galicia e ao Goberno de España para que "nos centremos todos" en conseguir a continuidade de Conxemar en Vigo.
Descargar todas as imaxes