mércores, 4 xaneiro 2012

O alcalde anuncia melloras en Conxemar para que "poida soportar a competencia desleal" de Barcelona

Abel Caballero reuníuse este mércores cos responsables da feira, hosteleros e hoteleros de Vigo para identificar melloras en Conxemar para que "ademais de efiza, sexa cada vez máis competitiva". O goberno local encargarase de coordinar cuestións como unha mellor organización do transporte, dos aloxamentos e das instalacións do IFEVI. Caballero comprometeu o apoio municipal para evitar que Conxemar acabe en Barcelona.

O rexedor presenta unha cabalgata "austera" cun aforro de 75.000 euros respecto a 2011

mércores, 4 xan 2012

Abel Caballero realizou está mañá unha visita ao Ifevi onde xa están as carrozas nas que mañá percorrerán Vigo as súas Maxestades de Oriente. O rexedor quen explicou que este ano a temática da cabalgata son os bosques e o medio ambiente, destacou a "austeridade" desta festa infantil na que se investiron 175.000 euros, 75.000 euros menos que no 2011.