Caballero inaugura a mostra "Mulleres ante a guerra" da Cruz Vermella, na Casa das Artes ata o 13 de xaneiro
O alcalde de Vigo inaugurou este martes esta mostra "dunha crudeza pouco común", pois reflicte a situación das mulleres nos países en conflictos bélicos. A Cruz Vermella, en colaboración co Concello, puxeron en marcha esta iniciativa, que poderá ser visitada ata o próximo venres. Caballero recomendou a súa visita e agradeceu á entidade o seu "esforzo" na "permanente defensa da igualdade e dos dereitos humanos".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou hoxe esta mostra, dispoñible na viguesa Casa das Artes ata o próximo venres, 13 de xaneiro, baixo o título "Mulleres ante a Guerra".
A Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Vigo, dispón en Vigo unha exposición "dunha dureza pouco común", segundo apuntou Abel Caballero. O alcalde falou da "crudeza da guerra, da vida e das mulleres ante a guerra", tras o que recomendou á cidadanía visitar esta mostra. A iniciativa cultural amosa a situación feminina nos países en conflicto e axuda a elevar a "conciencia" cidadá ao respecto.
O alcalde agradeceu á Cruz Vermella o seu "esforzo" tanto para a organización desta mostra como pola "permanente defensa da igualdade e dos dereitos humanos", singualmente no ámbito internacional. "Son situacións intolerables", apuntou Caballero, e corresponde "levantar a nosa voz" para que esta cuestión estea na axenda política dos responsables a nivel internacional.
Descargar todas as imaxes