Escoitar

Novos horarios de apertura no MARCO

A partir do martes 3 de xaneiro, coincidindo co inicio de 2012, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público. O cambio máis importante consiste en que as salas de exposición pecharán a mediodía, entre as 14.30 e as 17.00, de martes a sábados (festivos incluídos). O domingo continuarán abertas ao público en horario de mañá ata as 14.30, e o luns seguirá sendo o día de peche, como ata agora. Este cambio afecta tamén á apertura da Biblioteca-Centro de documentación no seu horario de tarde, que pasa a ser de 17.00 a 21.00 (en lugar de 16.00 a 20.00).

luns, 2 xan 2012
1325511753marco2012.jpg
Reanúdanse os obradoiros infantís de fin de semana

No que respecta ao programa educativo, a partir do sábado 14 de xaneiro de 2012 reanúdanse no MARCO os obradoiros infantís de fin de semana. Nesta nova tempada os obradoiros terán unha tarifa de 3 euros por neno/a, con descontos especiais ou entrada gratuíta para grupos e para membros da Agrupación de Amigos do MARCO. Como é habitual, durante as dúas horas que dura o obradoiro os adultos poden quedar no Laboratorio das Artes ou deixar aos nenos ao coidado dos educadores.
Descargar todas as imaxes