Escoitar

O goberno local sufraga a construción da Escola de Música de Valladares con 150.000 euros

O convenio rubricado este venres polo alcalde de Vigo e o Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valadares permitirá ao colectivo erixir a Escola de Música do barrio, sufragada ao 100% polo Concello de Vigo. Os veciños elaboran o proxecto e constrúen o edificio con financiamento municipal, nun "magnífico sistema de cooperación" que procura "aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valadares".

venres, 30 dec 2011
1325250292convenio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este venres o convenio polo que o Concello abona 150.000 euros para financiar a totalidade na construción da Escola de Música de Valladares, que será xerenciada polos propios veciños.

Abel Caballero explicou que o texto compromete ao Concello a "subvencionar ao 100% a construción da Escola de Música de Valladares, xerenciada pola asociación de veciños e financiada de forma total polo Concello", un "magnífico sistema de cooperación" que permitirá "aproveitar a calidade docente e musical da Unión Musical de Valladares".

O rexedor municipal indicou que o goberno local coopera coa entidade veciñal para potenciar a "educación e ensinanza musical" do centro, do que participan aproximadamente uns 150 alumnos.
Descargar todas as imaxes