martes, 3 xaneiro 2012

Caballero inaugura a mostra "Mulleres ante a guerra" da Cruz Vermella, na Casa das Artes ata o 13 de xaneiro

O alcalde de Vigo inaugurou este martes esta mostra "dunha crudeza pouco común", pois reflicte a situación das mulleres nos países en conflictos bélicos. A Cruz Vermella, en colaboración co Concello, puxeron en marcha esta iniciativa, que poderá ser visitada ata o próximo venres. Caballero recomendou a súa visita e agradeceu á entidade o seu "esforzo" na "permanente defensa da igualdade e dos dereitos humanos".

O alcalde mantén un encontro coa Asociación de Mariñeiros de Embarcacións Tradicionais

martes, 3 xan 2012

Abel Caballero recibiu esta mañá aos responsables da Asociación de Mariñeiros de Embarcacións tradicionais para avaliar a marcha do convenio de colaboración suscrito entre o colectivo e o Concello. Ao longo do encontro, os responsables da entidade trasladaron ao rexedor o seu interese por construír un local social en Bouzas. Ademais, abordouse a posibilidade de aumentar a colaboración da Asociación co Concello, unha relación que nestes momentos está plasmada nun convenio polo que manteñen as embarcacións construídas nas Escolas Mar de Vigo.