luns, 2 xaneiro 2012

O alcalde cifrou en 120.000 euros a humanización do entorno da Travesía de Vigo e anuncia máis melloras para 2012

Abel Caballero realizou a súa primeira visita do novo ano aos traballos de humanización do entorno da Travesía de Vigo 160, do caleixón do número 164 e da rúa Rosario Hernández Diéguez "A Calesa", cun importe total próximo aos 120.000 euros. O rexedor apuntou que "plantexamos continuar coas humanizacións" no 2012 porque "o que sigo recibindo dos cidadáns son demandas de humanización".

Novos horarios de apertura no MARCO

luns, 2 xan 2012

A partir do martes 3 de xaneiro, coincidindo co inicio de 2012, o MARCO de Vigo modifica os seus horarios de apertura ao público. O cambio máis importante consiste en que as salas de exposición pecharán a mediodía, entre as 14.30 e as 17.00, de martes a sábados (festivos incluídos). O domingo continuarán abertas ao público en horario de mañá ata as 14.30, e o luns seguirá sendo o día de peche, como ata agora. Este cambio afecta tamén á apertura da Biblioteca-Centro de documentación no seu horario de tarde, que pasa a ser de 17.00 a 21.00 (en lugar de 16.00 a 20.00).