O alcalde explica que a "incertidume" das medidas económicas do Goberno central obrigan a prorrogar os orzamentos
Abel Caballero explicou hoxe que o Decreto lei de medidas económicas e financeiras aprobadas polo Goberno Central o pasado día 30 de decembro xeran incertidume á hora de valorar a súa afección nos concellos polo que o borrador do orzamento quedará en suspenso e se prorrogarán as contas de 2011. O novo baremo do IBI, o descoñecemento do reparto do Fondo de Cooperación Local ou os prazos para devolver os devengos de 2008 e 2009 son cuestións determinantes á hora de establecer os ingresos e os gastos polo que a aprobación dun documento orzamentario nestes momentos xeraría inseguridade, así que" imos esperar a ter toda esa documentación para aprobar as contas de 2012", explicou.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a prórroga dos orzamentos municipais ata que o Executivo Central aclare todas as medidas económicas que afectan as contas dos municipios. O rexedor explicou que o Decreto lei de medidas económicas e financeiras que o Goberno aprobou o pasado 30 de decembro inclúe decisións que xeran moitas incertidumes nestes momentos nas contas dos concellos. A primeira destas medidas é establecemento de novos baremos de impostos de bens e inmobles (IBI), posto que "non temos o censo que determina que vivendas e de que maneira están afectadas". En segundo lugar, referiuse a que o Executivo de Rajoy non fixo público o reparto do Fondo de Cooperación Local e, por último, aludiu a que tampouco se coñece o prazo de devolución dos devengos de 2008 e 2009. Con cuestións tan "importantes como estas por resolver, "calquera orzamento estaría suxeito a cambios substanciais en próximos meses". Engadiu que se descoñece unha parte importantísima de ingresos e de gastos e, polo tanto, de aprobarse así, "en abril ou maio o documento tería que ser modificado o que xeraría gran nivel de inseguridade".
Caballero avogou por esperar a "ter toda a información precisa para levar adiante os orzamentos desta cidade" o que na práctica supón agardar a que o Goberno Central aprobe as súas contas para 2012, algo que non debería ir máis aló do mes de marzo. O rexedor reiterou que a elaboración do borrador tramitouse nun momento de seguridade, unha situación que variou o pasado 30 de decembro. Avanzou que as contas non terán "contraindicacións" e que a "cidade seguirá funcionando con normalidade". A este respecto, subliñou que as obras previstas seguirán o seu curso porque eran investimentos que xa estaban comprometidos. Por último, anunciou que en canto se aclaren as dúbidas elaborarase o documento definitivo e "o poremos en coñecemento do BNG" , coa vontade de diálogo para chegar a acordos.