Caballero louba a transformación do humidal da Bouza "nun dos referentes medioambientais da cidade"
Abel Caballero cualificou hoxe o humidal de A Bouza como un dos referentes medioambientais da cidade, un espazo natural acotado no que perviven especies autóctonas da zona que "fai catro anos era un bosque abandonado". Durante a visita que realizou esta mañá, destacou o investimento de case 60.000 euros en obras de acondicionamento que permitan compatibilizar natureza e disfrute cidadá.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou esta mañá que o humidal de A Bouza se ten convertido "nun dos referentes medioambietais da cidade", nunha zona da cidade que fai catro anos era un bosque totalmente abandonado, cheo de maleza e de suciedade. Nunha visita que realizou esta mañá, Caballero destacou que "agora nos atopamos nun espazo acotado no que perviven especies autóctonas da zona. Trátase dun humidal urbano que apenas podemos atopar noutras cidades de España, salvo en Vitoria e Oviedo, puntualizou.
Durante a visita apuntou que a Concellería de Mediambiente está sendo capaz de manter este ecosistema e avanzou que intención municipal de achegalo á xente sen poñer en risco o humidal e a fauna. Nesta liña e de acordo coa opinión dos biólogos, anunciou a posta en marcha de dous observadores na parte de arriba, preto do campo de fútbol, protexidos por madeiras e con ventás que non xeren tensión aos animais.
A recuperación destes espazo fíxose en varias etapas, e na última investíronse case 60.000 euros, coa colaboración da Fundación da Biodiversidade, do Goberno Central. Para rematar, o rexedor avanzou que procederá a recuperar outros dous humidais da cidade, aínda que estes xa se atopan en zonas máis periféricas.
Descargar todas as imaxes