O alcalde presentou o Trofeo de Reis de fútbol 7, este sábado en Samil con 17 equipos locais
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a primeira edición do Trofeo de Reis - 10º aniversario de VIDE de fútbol 7, que se celebra este sábado (10:15 horas) no campo do complexo deportivo municipal de Samil e que contará coa participación de oito clubs da cidade e un total de 17 equipos, movendo ao redor de 170 nenos e nenas, dado o carácter mixto do campionato.
Abel Caballero recibiu primeiro aos pequenos futbolistas e aos representantes das entidades e ao presidente da Agrupación de Fútbol Aficionado, Daniel Costas, na sala de xuntas do goberno local, chanceando cos nenos e preguntándolles que esperaban dos Reis Magos, para a continuación ofrecer a rolda de prensa acompañado por tan deportiva representación.
Durante a rolda de prensa, o alcalde tamén tivo tempo para seguir chanceando cos rapaces, aos que preguntou a súa preferencia entre Messi e Cristiano Ronaldo, cun maioritario apoio destes ao internacional arxentino ("parece que Messi aínda que teña gripe", comentou o alcalde), e tamén de que club eran entre Celta e Madrid e Celta e Barça, con unánime apoio á entidade celeste, o que arrincou de Caballero un "imos por bo camiño, isto promete".
O alcalde explicou na súa comparecencia ante os medios que este torneo, como celebración de dez anos de existencia da Fundación VIDE, "denomínase Trofeo de Reis porque queremos deixalo institucionalizado para que os equipos teñan a súa competición asegurada e poidan participar de forma estable; co deste sábado iniciamos a saga", dixo. Segundo o rexedor, con este evento "queremos pór en valor estas realidades do fútbol novo de Vigo, futuras promesas, coa filosofía de competir, divertirse, pasalo ben e practicar deporte". O torneo, no que participan equipos de Alerta, Arenas, Balaídos, Cristo de la Victoria, Racing de Castrelos, La Base, Navia e Santa Mariña, dispútase en catro categorías, mini, prebenxamín, benxamín e alevín e os clubs que máis equipos achegan son o Santa Mariña e o Alerta, con tres conxuntos cada un.
Caballero xa explicou no seu encontro cos xogadores que este torneo non ten finais, senón que en cada idade xogarase liguiña todos contra todos a unha volta e haberá medallas "para todos os participantes", seguindo coa filosofía das escolas deportivas municipais. E tamén manifestou neste décimo aniversario da Fundación Vigo en Deporte (constituíuse en novembro de 2001) que "os tempos non son bos porque as empresas atravesan momentos difíciles, co que o patrocinio privado está diminuíndo en VIDE e nos clubs", pero comprometeu o esforzo municipal para que esta situación "non dane gravemente a actividade nin de VIDE nin do deporte amateur e profesional". O alcalde, que citou á Fundación Vigo en Deporte como un elemento que "leva dez anos de bo facer deportivo na cidade", anunciou que "o futuro de VIDE está garantido".
Na conferencia de prensa, o alcalde tamén citou o labor dos directivos dos clubs de base e aos que definiu como "grandes promotores do deporte de Vigo; a cidade ten unha gran débeda con eles que algún día lles pagará", e afirmou que coa foto da rolda de prensa "Vigo amosa a súa capacidade de mobilizarse como sociedade civil".
Descargar todas as imaxes