Escoitar

Caballero subliña a "enorme afluencia" de rapaces á benvida ofrecida polos Reis Magos

O auditorio municipal do Concello enchéuse de nenos e nenas para saudar e entregar a súa carta ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que ofreceron hoxe xoves un acto de benvida no Concello. Ás 17:30 horas desta tarde ten lugar a recepción oficial na Porta do Sol a Melchor, Gaspar e Baltasar, previa á celebración da tradicional cabalgata, ás 18:30 horas.

xoves, 5 xan 2012
1325773136reyes.jpg
As súas Maxestades os Reis Magos estarán ás 17,30 horas na Porta do Sol, onde o alcalde lles fará entrega das chaves da cidade e a carta coas peticións de todos os vigueses. As 18,30 horas, a comitiva real sairá do nó de Isaac Peral e percorrerá García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.

O rexedor animou a todos os vigueses e viguesas a participar desta festa infantil, na que este ano formarán parte entre 13 ou 14 carrozas e aproveitou a súa intervención para solicitar aos asistentes coidado co mobiliario urbano.
Descargar todas as imaxes