Escoitar

O alcalde inaugura a campaña de nadal do Mercado Solidario no Centro Comercial Travesía

Abel Caballero inaugurou esta mañá a campaña de nadal do Mercado Solidario que desde o ano 2007 abre as súas portas nestas datas. As asociacións Accesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome e Vontade dan organizan unha exposición que, ata o próximo día 5, oferta produtos de artesanía de grande calidade.

luns, 19 dec 2011
1324300308mercado.jpg
O Centro Comercial Travesía de Vigo acollerá ata o próximo día 5 de xaneiro o Mercado Solidario que, un ano máis, abre as súas portas nestas datas. O rexedor foi encargado de inaugurar unha exposición de produtos á venta organizada por seis asociacións da área de Vigo: Accesca, Alento, Avelaiña, Cogami, San Xerome e Vontade e que reúne produtos elaborados artesanalmente por os usuarios das distintos colectivos, con deseños propios, orixinais e de grande calidade. Trátase de pezas de cerámica, bisutería, madeira, coiro, produtos textis, entre outros.

Grazas a pequena achega de cada venta, ademais de dar saída aos produtos elaborados nos talleres, facilítase o funcionamento e continuidade destes centros, logrando así a satisfacción persoal de cada usuario xa que ve recoñecido o seu traballo, axudando á súa inclusión social.
Descargar todas as imaxes