Campaña municipal "Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes"
A Concellería de Igualdade iniciou unha nova campaña para favorecer o uso non sexista dos xogos e os xoguetes, baixo o lema "Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes. A campaña ten o obxectivo sensibilizar a toda a cidadanía na importancia de fomentar a igualdade para evitar condutas sexistas.
A través da imaxe da campaña , que se visualiza nos paneis informativos da rúa, a concellería de Igualdade persegue sensibilizar á cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e dos xoguetes e vai dirixida a axentes socializadores como a familia, a escola , os medios, as xogueterías , as superficies comerciais..., pois durante todo o ano familiares e amizades mercan xoguetes con motivo de múltiples celebracións: aniversarios, Nadal, fin de curso, etc. Ningún dos axentes socializadores citados debería etiquetar os xogos ou xoguetes, segundo o sexo da/o destinataria/o.
A concelleira de Igualdade, Chus Lago, salientou ao respecto da campaña que os xogos e os xoguetes teñen un papel fundamental na educación e na formación da personalidade, xa que a través deles imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamento e actitudes. Sinalou que a idades moi temperás, de 0 a 3 anos, nenos e nenas xogan indistintamente con diversos tipos de xoguetes, pero que a partir dos 3 anos descartan coa incorporación na escola e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenos e nenas.
Descargar todas as imaxes