Obradoiro‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’
Dentro das actividades paralelas da exposición YOU ARE NOT ALONE, o martes 20 de decembro terá lugar nas instalacións do MARCO o obradoiro titulado ‘Introducción ao counselling no VIH/SIDA’, impartido por Marimar Revuelta (axente de saúde en VIH/SIDA do Grupo de Autoaxuda IMÁN CEDRO) e Antón Bouzas (educador social, coordinador do Grupo IMÁN CEDRO e terapeuta na Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo).
O obradoiro está estruturado en dous bloques. Unha primeira parte a modo de introdución na que se tratan os seguintes aspectos: Hhabilidades de prevención no VIH/SIDA, coñecementos básicos e aptitudes e diagnóstico precoz
Unha segunda parte na que se desenvolven de xeito práctico os contidos a traballar: afrontamento emocional a través do counselling (Fábula do campesiño e o ecoloxista), a resiliencia e o empoderamento, xogo cooperativo sobre a perda
A todos os participantes no obradoiro se lles entregarán as ‘Bolsas que cotizan en saúde’, que conteñen material elaborado polo propio grupo, con folletos, preservativos, xogos e documentación cuxo fin é contribuír a unha mellor información, sensibilización e prevención.
O obradoiro está dirixido a calquera persoa interesada, a partir dos 18 anos de idade, é gratuíto , previa inscrición. Realizarase en horario de 18.00 a 20.00
A exposición
A exposición colectiva YOU ARE NOT ALONE reúne un total de 35 obras de 18 artistas contemporáneos de todo o mundo, cunha mirada innovadora sobre a causa, as consecuencias e o contexto actual do VIH/sida, así como sobre as formas para combatelo. A Fundación ArtAids produciu obras especificamente pensadas para a exposición, de artistas internacionalmente recoñecidos e que non abordan a temática da sida de modo habitual. Estas obras preséntanse xunto a unha selección de pezas recentemente incorporadas á colección ArtAids.
Descargar todas as imaxes