xoves, 22 dec 2011
"Téndolle a man ao novo goberno de España para que continúe e invista nesta cidade", asegurou Caballero, quen apuntou que Vigo reclama do novo executivo que "siga facendo o mesmo e á mesma velocidade" que o anterior, en particular en materia de infraestruturas. O alcalde vigués reclamou ao Goberno de España que introduza Pesca ou Mar na denominación do novo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente.
xoves, 22 dec 2011
Caballero avanzou hoxe o acordo coa empresa adxudicataria de Limpeza, FCC, e os sindicatos que garante o mantemento dos postos de traballo a as contratacións do ano que ven, tal e como se fixo anos anteriores. O rexedor amosou a súa satisfacción porque "estamos aquí para garantir o emprego sexa cal sexa a súa modalidade".
xoves, 22 dec 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves o concerto de aninovo que ofrecerá Siniestro Total no Teatro García Barbón para conmemorar os seus 30 anos de traxectoria musical. A "suite sinfónica suicida" Land of Opportunity unirá o rock dos vigueses coa música contemporánea do Taller Atlántico Contemporáneo o próximo 4 de xaneiro ás 21:30 horas, con entradas á venda desde 12 euros.
xoves, 22 dec 2011
Aínda quedan prazas dispoñibles para participar no Campamento de Nadal que organiza a Concellería de Xuventude os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.