O alcalde eloxia unhas festas de Nadal con "gran sobriedade pero excepcionais"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron hoxe mércores a programación festiva de Nadal, que xa deu comezo coa presenza en Samil do Circo Galtük e rematará coa Cabalgata de Reis, que percorrerá García Barbón e Policarpo Sanz ata a Porta do Sol. O goberno local programa animación de rúas nos barrios, obradoiros infantís e espectáculos musicais, entre outras actividades.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe mércores as "docenas de actuacións" que programa o goberno local para o nadal 2011, unhas festas con "gran sobriedade pero excepcionais".
O rexedor avanzou que o 23 de decembro dará comezo a animación de rúa e o Carteiro Reial por barrios, asociacións veciñais, bibliotecas e zonas comercias, que concluirán o 4 de xaneiro. Os obradoiros infantís na lonxa do Concello, gratuitos, iniciaranse o próximo día 26 para finalizar tamén o 4 de xaneiro e os asistentes poderán confeccionar monicreques de fío, maquillaxes e tatuaxes de fantasía, globoflexia ou pintura artística infantil.
O Auditorio Municipal do Concello acollerá distintos espectáculos como o musical "Xa me tardan estes Magos", o 27 de decembro, e funcións de monicreques e teatro do 2 ao 4 de xaneiro.
Abel Caballero recordou que a programación de nadal xa está en marcha desde o pasado 16 de decembro, data na que o Circo Galtük iniciou os seus pases en Samil, que darán por rematados o próximo 8 de xaneiro. Por outra banda, Vigolandia chegará ao IFEVI o próximo luns, con múltiples posibilidades para o entretemento de toda a familia.
O concerto de Nadal será mañá xoves, 22 de decembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal a cargo do Coro Concento Vigo, con entrada gratuita ata completar aforo. A programación musical complñetase con concertos de corais e bandas, ranchos de reis e panxoliñas en distintos puntos da cidade.
Por último, o alcalde adiantou que a Cabalgata de Reis percorrerá desde as 18:30 horas do 5 de xaneiro García Barbón -desde Isaac Peral-, Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol. Será o punto final a unha xornada con festa de benvida aos reis magos no Auditorio do Concello, coa tradicional visita aos hospitais e centros socioasistenciais e coa recepción das autoridades ás súas maxestades os Reis Magos.
Descargar todas as imaxes