mércores, 21 dec 2011
O alcalde de Vigo informou esta mañá do acordo ao que chegou con Aqualia polo que os as Hermanas de la Caridad, os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres e San Rafael pagarán o recibo mínimo de auga, 15 euros, que por lei lles teñe que facturar a concesionaria. Deste xeito será Aqualia a que asuma os preto de 25.000 euros anuais aos que ascendía a factura destas entidades benéficas
mércores, 21 dec 2011
O alcalde de Vigo informou de que nos últimos catro anos 1.071 viguesas e viguesas disfrutaron dunha bolsa de inglés, o que supuxo un investimento de 2,5 millóns de euros. A Xunta extraordinaria de Goberno desta mañá, segundo explicou o rexedor, deu luz verde a outras 72 bolsas de idiomas para a Escola Oficial, por un valor de 100.000 euros.<br />
mércores, 21 dec 2011
Abel Caballero reuniuse esta mañá con responsables das asociacións de comerciantes de Bouzas, Teis, Travesas e Calvario para "pasar revista á situación do comercio e reiterar a súa oferta de asumir as súas demandas en todas as innovacións que vaian prantexando". Logo de reiterar o apoio municipal á festa de ano novo que organiza AETRAVI, o rexedor trasladou a súa intención de que estes colectivos se incorporen á mesa do comercio coa súa propia personalidade xurídica xa que, unha vez constituída, as condicións legais que nun principio limitaban a presenza á presidenta da federación, xa permiten a entrada de máis representantes de asociacións.
mércores, 21 dec 2011
Vigozoo propón para as festas de Nadal un conxunto de actividades, obradoiros e xogos para os días 27, 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro. Trátase dunha actividade enfocada a traballar diferentes aspectos relacionados coa conservación e coa educación ambiental.
mércores, 21 dec 2011
A Concellería de Cultura e Festas programa para o xoves, 22 de decembro, ás 21.00 horas un concerto de Nadal do Coro Concento de Vigo no Auditorio Municipal do Concello. Entrada libre até completar capacidade mediante invitación que se recollerá no despacho de billetes do Auditorio o mesmo día da actuación desde unha hora antes do comezo do concerto.