Caballero invita aos representantes das asociacións de Bouzas, Teis, Travesas e o Calvario a unirse á Mesa do Comercio
Abel Caballero reuniuse esta mañá con responsables das asociacións de comerciantes de Bouzas, Teis, Travesas e Calvario para "pasar revista á situación do comercio e reiterar a súa oferta de asumir as súas demandas en todas as innovacións que vaian prantexando". Logo de reiterar o apoio municipal á festa de ano novo que organiza AETRAVI, o rexedor trasladou a súa intención de que estes colectivos se incorporen á mesa do comercio coa súa propia personalidade xurídica xa que, unha vez constituída, as condicións legais que nun principio limitaban a presenza á presidenta da federación, xa permiten a entrada de máis representantes de asociacións.