Escoitar

Obradoiros en Vigozoo para as festas do Nadal

Vigozoo propón para as festas de Nadal un conxunto de actividades, obradoiros e xogos para os días 27, 28 e 29 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro. Trátase dunha actividade enfocada a traballar diferentes aspectos relacionados coa conservación e coa educación ambiental.

mércores, 21 dec 2011
1324473162nadalzoo.jpg
As actividades realizaranse en horario de 11 a 14 horas e poden participar nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade.

Para asistir hai que aboar o prezo da entrada infantil, que son 2,45 € por día e participante, durante o mes de decembro e 2,55 € no mes de xaneiro, coa subida anual de taxas. O pago realizarase cada día de asistencia, na propia taquilla do parque.

Para participar só hai que chamar, os días laborables ao teléfono: 986 26 77 83 e farase a preinscrición, posteriormente chamarase para confirmar a actividade.
Descargar todas as imaxes