Escoitar

Abel Caballero avanza que as reformas no albergue "nun mes poden estar rematadas"

Tras a primeira noite de actividade do dispositivo de emerxencia do frío, ubicado no futuro albergue de Marqués de Valterra, o alcalde vigués valorou que "funcionou maravillosamente ben", tras acudir 25 persoas. As obras a realizar no inmoble son "moi menores" e poderían estar rematadas "nun mes". "Estamos a acelerar o dispositivo para a licitación e adxudicación <da xestión> a unha empresa, como marca o convenio", adiantou o rexedor vigués.

martes, 20 dec 2011
1324385328alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou hoxe con "satisfacción" a primeira noite de funcionamento do dispositivo de emerxencia de frío ubicado en Marqués de Valterra, onde entrará en funcionamento o futuro albergue público municipal.

Tras o acto de recepción das instalacións onte a mediodía, ás 20:30 horas de onte o goberno local abriu na mesma Casa do Pescador o dispositivo de emerxencia, ao que acudiron 25 persoas, quenes recibiron café calor pola noite e pola mañá, ademáis de ducha e cama.

"O dispositivo funcionou maravillosamente ben", asegurou Caballero, quen puntualizou que as obras a realizar no inmoble son "moi menores" e "nun mes poden estar rematadas". "Estamos a acelerar o dispositivo para a licitación e adxudicación a unha empresa, como marca o convenio" sobre a xestión do albergue. O alcalde recalcou que "temos un dos grandes albergues públicos de ningunha cidade de España".

Caballero reiterou a súa "satisfacción" polo funcionamento da Casa do Pescador na primeira noite como sede municipal e apuntou que o goberno local traballará para abrir o definitivo "o antes posible", co obxectivo de que os usuarios poidan estar ben atendidos, con persoal e loxística, durante toda a xornada.
Descargar todas as imaxes