Escoitar

O Mercado do Progreso organiza o día 22 de decembro unha Noite Branca para fomentar as compras en 50 establecementos do centro

Os responsables do Mercado do Progreso e comerciantes da Zona Centro poñen en marcha a Noite Branca para que os fomentar as compras navidadeñas. Caballero, quen cualificou a iniciativa "excepcional", avanzou que o Goberno apoia esta iniciativa e "calquera outra que se poida organizar porque o comercio reclama axudas"

luns, 19 dec 2011
1324300350progreso.jpg
O Mercado de O Progreso porá en marcha a campaña da Noite Branca de compras, que este ano será o próximo xoves 22 de decembro, para promocionar as compras en máis de 50 establecementos do centro da cidade. Logo de reunirse con responsables da iniciativa, o rexedor considerou a idea de "excepcional" e avanzou o apoio do Goberno a calquera iniciativa que teña por obxectivo relanzar un sector "que reclama axudas".

Esta campaña, segundo dixo Caballero, permitirá que os comercios abran ata as 00,00 horas e, ademais de facer compras, os clientes poderán disfrutar doutras actividades como unha Feira de Artesanía, unha chocolatada, sesións de maquillaxe gratuitas, música, animación e talleres.
Descargar todas as imaxes