BANDO FESTAS DE NADAL EN LOCAIS
Co gallo das actividades de carácter festivo que se pretendan desenvolver en locais nas datas de Nadal, Fin de Ano ou Reis, cómpre lembrar que:
A Lei Orgánica 1/1992, de 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, establece que todos os espectáculos e actividades recreativas quedarán suxeitos ás medidas de policía administrativa que dicte o Goberno en antención aos fins que recolle o seu artigo 8.1.
O Real Decreto Estatal 2816/1982, de 27 de agosto, aprobou o regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas (en adiante RXPEPAR), establecendo a obrigatoriedade xeral de obter a correspondente licenza municipal para a realización de calquera espectáculo, recreo, servizo ou actividade dos relacionados nese regulamento e as demais actividades de semellantes características, con independencia de que sexan de titularidade pública ou privada e de que se propoñan ou non finalidades lucrativas.
O Decreto Autonómico 292/2004, do 18 de novembro, modificado por Decreto 160/2005, do 2 de xuño, recolle o catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia suxeitas ao dito RXPEPAR.
A aqueles/as que pretendan organizar actividades de carácter festivo suxeitas ao RXPEPAR en locais nos días de Nadal, Fin de Ano ou Reis, co obxectivo fundamental de velar pola protección das persoas e a súa seguridade, da hixiene e salubridade ambiental e demais fins que persegue a lexislación vixente en materia de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas,
LÉMBRASELLES:
Primeiro.- En ningún local poderán ofrecer actividades, espectáculos, diversións ou servizos sen estar provistos da correspondente licenza de actividade/apertura municipal.
Segundo.- En ningún local poderán ofrecer actividades, espectáculos, diversións ou servizos distintos daqueles para os que expresamente estivesen autorizados pola licenza de actividade/apertura municipal.
Terceiro.- A Delegación Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia é competente para autorizar con carácter extraordinario espectáculos, actividades o servizos distintos dos expresamente autorizados pola licenza municipal existente de actividade/apertura de conformidade co previsto no artigo 45.2. do RXPEPAR. Neste suposto, a petición efectuarase ante dita Consellería achegando a documentación que esta sinale. Unha vez autorizada comunicarase ao Concello.
Cuarto.- Os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia son os establecidos na Orde de 16 de xuño de 2005 (DOGA nº 117, de 20 de xuño de 2005), agás autorizacións de carácter extraordinario.
Quinto.- Os titulares dos establecementos que permitan a consumición das bebidas que expenden fóra do establecemento e dos lugares autorizados, serán considerados responsables, por cooperación necesaria, das molestias que puidesen producir, e como tal seralles de aplicación o réxime sancionador da ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica.
Sexto.-Os titulares dos establecementos e instalacións serán responsables da adopción ou instalación das medidas de seguridade obrigatorias, de acordo coas normas que respectivamente as regulamente, así como do seu efectivo funcionamento e da consecución da finalidade protectora e preventiva propia de cada medida, sen prexuízo da responsabilidade en que ao respecto poidan incorrer os seus empregados.
Sétimo.- A falta da preceptiva autorización, exceder os límites desta, o aforo máximo autorizado, os horarios establecidos para a apertura de establecementos, dará lugar por parte dos responsables á comisión de infraccións tipificadas na Lei Orgánica 1/1992, que serán tramitadas polas canles legalmente establecidas, e isto sen prexuízo de calquera outras medidas para adoptar.
Oitavo.- A Autoridade Local coa Policía municipal, coa colaboración dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e mesmo coa colaboración cidadá, no ámbito das súas competencias, velará polo estrito cumprimento destas normas.
O que se publica para xeral coñecemento e cumprimento.
Vigo, 28 de novembro de 2011
O ALCALDE
Abel Ramón Caballero Álvarez