mércores, 14 dec 2011
A concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, avanzou que o Concello iniciará a demolición parcial de parte do edificio ilegal de Churruca a mediados do próximo mes de xaneiro, cumprindo deste xeito un mandato xudicial. Así o indicou esta mañá, logo de que se reunira a mesa de contratación para valorar as ofertas das nove empresas que aspiran a executar a sentenza xudicial, na que o Concello actúa como responsable subsidiario.
mércores, 14 dec 2011
O concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este mércores a nova sede electrónica da web municipal (sede.vigo.org), que aglutina e mellora o acceso á tramitación telemática do Concello e amplía o número de servizos dispoñibles, como por exemplo incluíndo o taboleiro de anuncios e edictos, ata agora só en formato físico. O edil valorou a "transparencia" que aporta o novo recurso aos expedientes municipais.
mércores, 14 dec 2011
A concelleira de Igualdade presentou este mércores o fallo do xurado ao concurso de fotografía dixital e microvídeos 25-N, en conmemoración do día contra a violencia de xénero. Lago explicou que primou na decisión a "orixinalidade" e "capacidade" de sintetizar a mesaxe contra a violencia machista nun filme de 3 minutos e nunha imaxe. Gloria Mª Fuentes obtivo o primeiro premio en fotografía e Miriam Rodríguez nos microvídeos.
mércores, 14 dec 2011
Máis de 30 obras representativas de cómo se tratou historicamente ‘O nacemento’ en países como Portugal, Alemania, Italia o Perú pódese ver no Museo Liste do 15 de decembro ó 8 de xaneiro . A exposición "O Nadal na tradición" está organizada pola Fundación Liste-Museo Etnográfico de Vigo en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas.