Chus Lago eloxia a "calidade" das obras presentadas ao certame de foto e microvídeos contra a violencia de xénero
A concelleira de Igualdade presentou este mércores o fallo do xurado ao concurso de fotografía dixital e microvídeos 25-N, en conmemoración do día contra a violencia de xénero. Lago explicou que primou na decisión a "orixinalidade" e "capacidade" de sintetizar a mesaxe contra a violencia machista nun filme de 3 minutos e nunha imaxe. Gloria Mª Fuentes obtivo o primeiro premio en fotografía e Miriam Rodríguez nos microvídeos.
O obxectivo do certame, convocado pola concellería de Igualdade do Concello de Vigo e polo Consello municipal da Muller, é "fomentar" a participación da cidadanía na "concienciación" social contra a violencia de xénero.
O fallo no certame fotográfico adoptouse por unanimidade e recaeu en Gloria María Fuentes pola obra "Nunca... nin xogando", namentres que o de microvídeos premiou a Míriam Rodríguez por "Semella que estou lonxe". Ambos gañadores recibiron 500 euros.
Tanto na web municipal www.igualdadevigo.org como no facebook da Concellería estarán dispoñibles para a cidadanía os traballos galardoados polo xurado do certame, ademais dos accésits concedidos.
Descargar todas as imaxes