Escoitar

Regades asegura que a nova sede electrónica do Concello aporta axilidade e transparencia

O concelleiro de Fomento, David Regades, presentou este mércores a nova sede electrónica da web municipal (sede.vigo.org), que aglutina e mellora o acceso á tramitación telemática do Concello e amplía o número de servizos dispoñibles, como por exemplo incluíndo o taboleiro de anuncios e edictos, ata agora só en formato físico. O edil valorou a "transparencia" que aporta o novo recurso aos expedientes municipais.

mércores, 14 dec 2011
1323872740regades.jpg
O cidadá pode realizar practicamente todas as súas xestións co Concello por vía telemática, ben co DNI electrónico, rexistrándose ou cunha clave de usuario.

A chamada Carpeta Cidadá, explicou Regades, posibilita evitar colas e ter o Concello de Vigo aberto ás 24 horas do día para tramitar solicitudes de expedentes ou consultar o estado administrativo dos mesmos, para tributos, recibos, certificados, padrón, impostos, etc.

Como novidade, o departamento municipal que dirixe o socialista incorporou á web o taboleiro de anuncios e edictos, ata hoxe únicamente en papel, que está dividido por temáticas para maior axilidade e facilidade de acceso.

As empresas que queiran optar aos concursos de obra pública que dispoña o goberno de Vigo tamén poderán inscribirse e seguir puntualmente o estado da tramitación vía web, así coma os opositores poden facelo coa oferta pública de emprego.

As actas e acordos adoptados en Xunta de Goberno Local, nos Plenos e nas sesións das Xerencias de Urbanismo tamén figuran na web municipal, ademais da convocatoria de subvencións, ás que o usuario pode optar desde a propia páxina.
Descargar todas as imaxes

Máis información