xoves, 15 dec 2011
Abel Caballero solicitou na mañá de hoxe xoves aos alumnos de 6º de primaria que participaron no Pleno Infantil que de "xeito periódico", incluso cada tres meses, faciliten ao Pleno do Concello as súas propostas para dirixir a cidade aos efectos de que os grupos as poidan ter en conta. Logo de darlle a benvida en nome de toda a Corporación aos 90 alumnos, o rexedor desexoulles "un bo e fructífero" debate sobre propostas para saír da crise.
xoves, 15 dec 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe xoves unha reunión co presidente da Sociedade Filarmónica de Vigo, Avelino Sanluis, na que o rexedor se comprometeu a asinar un convenio de colaboración cunha "organización de desenvolvemento cultural moi arraigada en Vigo".
xoves, 15 dec 2011
O alcalde de Vigo acudíu na mañá deste xoves ao Hospital de Fátima para sumarse á campaña "Dona un Día" de UNICEF-España en defensa da infancia. Cada persoa que ofreza hoxe a súa solidariedade coa organización contra a desnutrición infantil nas mesas instaladas no hospital poderá facerse un recoñecemento da súa presión arterial, da frecuencia cardíaca e da saturación de osíxeno en sangue por parte do persoal asistencial do centro sanitario.
xoves, 15 dec 2011
A concelleira de Igualdade, Chus Lago, presentou esta mañá en rolda de prensa o I Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres" que se desenvolverá o vindeiro sábado 17 de decembro, co que se pretende por en valor a valentía das mulleres que cada día , e cada minuto fan do seu labor unha achega ao desenvolvemento social, económico e cultural da cidade de Vigo.A concelleira estivo acompañada por Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas e María Casar coordinadora do roteiro
xoves, 15 dec 2011
A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato "Galtük". Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.<br />