Escoitar

Abel Caballero participa na campaña de UNIFEC e Fátima contra a desnutrición infantil

O alcalde de Vigo acudíu na mañá deste xoves ao Hospital de Fátima para sumarse á campaña "Dona un Día" de UNICEF-España en defensa da infancia. Cada persoa que ofreza hoxe a súa solidariedade coa organización contra a desnutrición infantil nas mesas instaladas no hospital poderá facerse un recoñecemento da súa presión arterial, da frecuencia cardíaca e da saturación de osíxeno en sangue por parte do persoal asistencial do centro sanitario.

xoves, 15 dec 2011
1323964859unicef.jpg
Ao longo de toda a xornada desde xoves, en horario de 8 a 21 horas, UNICEF terá instaladas dúas mesas na entrada principal e no hall de acceso á área de Rehabilitación e Fisioterapia do Hospital Nuestra Señora de Fátima, parte da campaña "Dona un Día" para dar impulso ás actuacións da organización en defensa da infancia en contra da desnutrición infantil.

O alcalde de Vigo uníuse así ao obxectivo marcado por UNICEF de conseguir de todos os vigueses que doen os seus mellores días para que outros teñan días mellores. Todos aqueles participantes que se solidaricen co propósito da entidade poderá facerse un chequeo sanitario, básico para coñecer o estado de saúde dunha persoa. Os resultados das probas entregaranse por escrito.

Xunto á realización das probas, Abel Caballero -acompañado polos responsables do centro sanitario vigués e de UNICEF- visitou o belén articulado instalado na porta do Hospital e as dúas mesas habilitadas pola organización.
Descargar todas as imaxes