Escoitar

Show circense Galtük, dende o venres en Samil

A Festa Escénica en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas presenta en Vigo o seu show circense de grande formato "Galtük". Dende o día 16 de decembro e ata o 8 de xaneiro, o paseo de Samil será o espazo no que centos de artistas den vida a "Galtuk", con 31 funcións durante 20 días. O prezo das entradas oscila entre os 8 e os 32 euros e se porán a venta a través de Servinova e na taquilla, dúas horas antes de cada show.<br />

xoves, 15 dec 2011
1323953959circo.jpg
O nome de "Galtük" naceu da unión das palabras Galicia e Batukada, para designar o lugar onde naceron os soños desta compañía xa hai máis de 10 anos… e a onde voltan agora, tras o éxito colleitado en México.

Cara ese lugar máxico viaxa tamén de novo a protagonista. Unha nena Valente e intrépida que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que á axudarán a avanzar superando as adversidades.

Ó igual que a primeira, a segunda edición de Galtük é un espectáculo familiar, ideado para divertir e emocionar a públicos de todas as idades.

Os artistas convidados a este show veñen de diferentes partes do mundo, EEUU, México, Alemaña, Rumanía e dende España.

Hai uns días tivo lugar un casting no Auditorio do Concello de Vigo onde atopamos novos talentos que incorporaremos no espectáculo en Vigo.

Entradas: A venda de entradas será por Servinova e en taquilla dúas horas antes de cada show.
Descargar todas as imaxes