Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 15 dec 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 16 DE DECEMBRO DE 2011.

1.- Acta da sesión ordinaria do 9 de decembro e extraordinaria e urxente do 12 de decembro de 2011.

BENESTAR SOCIAL
2.- Resolución de reclamacións das Axudas escolares municipais de libros e comedor 2011-2012 e modalidade excepcional. Expte. 69770/301.

3.- Indemnización substitutiva por importe de 10.799,36 € a favor de "Atención Social en Emergencias Grupo 5 S.L.U." pola prestación dos servizos do programa de redución do dano en medio aberto (setembro-outubro 2011). Expte. 69691/301.

EMPREGO
4.- Concesión de axudas municipais á contratación do ano 2011. Expte. 8626/77.
LIMPEZA
5.- Remate do depósito temporal de vidro nas instalacións do Parque Central de Servizos municipal. Expte. 3201/252.

MEDIO AMBIENTE
6.- Dar conta dos expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Medio Ambiente durante o mes de novembro de 2011. Expte. 8119/306.

7.- Indemnización substitutiva por importe de 8.000 € a favor da Sociedade Protectora de Animais e Plantas polos servizos de recollida e atención do refuxio de animais durante o mes de novembro. Expte. 8096/306.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
8.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de outubro de 2011. Expte. 1343/334.

PATRIMONIO
9.- Indemnización substitutiva por importe de 167.180,66 € a favor da empresa Limpezas del Noroeste S.A. polos servizos de limpeza das dependencias do Concello de Vigo (xuño 2011). Expte. 19231/240.

RECURSOS HUMANOS
10.- Produtividade da Policía Local pola realización de xornadas de reforzo (novembro 2011). Expte. 35133/212.
11.- Proposta de asignación de produtividade a auxiliar administrativa Dª. Rosa Sancecilio Viéitez. Expte. 22564/220.

12.- Dar conta de declaración da situación administrativa de xubilación obrigatoria do empregado público municipal don Marcelino Pérez Condines. Expte. 22563/220.

13.- Execución títulos xudiciais 215 e 216/2011 do Xulgado do Social Nº 2 de Vigo, en relación co recoñecemento de cantidades a Dª. Silvana Martínez Rodríguez. Expte. 22491/220.

14.- Execución títulos xudiciais 130/2011 do Xulgado do Social Nº 5 de Vigo, en relación co recoñecemento de dereito e cantidades a Dª. Ana Mª Mouriz Martínez e Dª. Mª del Carmen Mouriño Barros. Expte. 22499/220.
TESOURERÍA
15.- Dar conta da comunicación realizada pola mercantil Servicios de Colaboración Integral, S.C.I. S.L. en relación coa práctica das notificacións de procedementos de recadación en período executivo e sancionadores de tráfico. Expte. 11390/541.

XUVENTUDE
16.- Rectificación do acordo da X.Goberno local do 18.11.11 referente á "Concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís" (erro cantidades). Expte. 3068/336.

17.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 16 de decembro de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 14 de decembro de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.