martes, 13 dec 2011
O Gran Premio Pedestre de Nadal, a tradicional Carreira do Pavo, disputarase este domingo na contorna da Alameda co apoio da Concellería de Deportes e o patrocinio de El Corte Inglés, que dá nome ao premio. A proba, que espera non baixar dos 600 inscritos para todas as carreiras (haberá oito saídas segundo idades), definirá o circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que bota o pano logo dunha terceira edición na que segue crecendo.
martes, 13 dec 2011
A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, visitou hoxe martes as carpas da campaña "DE BOA MAN", instaladas na rúa do Principe esquina con Velazquez Moreno e que permanecerán ata o día 16 de decembro en horario continuado, de 10.00h a 20.00h. Esta campaña, ten por obxecto involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio alternativo e máis solidario.
martes, 13 dec 2011
O vindeiro sábado, 17 de decembro, ás 19:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto dos grupos Brainwave, Os Narvais e The Riggo's.