Escoitar

Un libro recollerá as biografías das 150 persoas recoñecidas como"vigueses distinguidos"

O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que se está a elaborar un libro que reunirá as biografías das 150 persoas que desde mediados dos anos 80 teñen sido declaradas "vigueses distinguidos". Trátase, indicou, "dunha contribución a unhas persoas que fixeron moito pola cidade"

luns, 12 dec 2011
1323699429distinguido.BMP
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns a elaboración dun libro que recolle de xeito sintentizado as biografías de todos os premiados como vigueses distinguidos desde que se puxo en marcha este galardón, alá por medidados dos 80. "O visualizamos, explicou, como unha contribución a unhas persoas que fixeron moito pola cidade durante moitos anos e agora a cidade llo recoñece". Avanzou que o libro "vai ser a memoria pública destas 150 persoas que foron moi importantes no corazón e no pulso da cidade.

Nesta liña, indiciu en que a historia de Vigo "se escribe todos os días e temos que facelo de xeito colectivo", ao tempo que avanzou que está previsto que a publicación esté rematada a próxima primaveira, coincidindo coa festa da Reconquista. Insistiu en que o obxectivo é rendir tributo á memoria dos premiados que xa non están con nós, así como aos que aínda forman parte activa da sociedade "e seguen a contribuir nela".
Descargar todas as imaxes