O alcalde revela que o voo a Londres custará un tercio menos e incluirá a conectividade con British Airways
Abel Caballero explicou que o goberno local e Vueling están preto de asinar o acordo para establecer a ruta con Heathrow de marzo a outubro de 2012, un convenio que custará 450.000 euros -polos 657.000 euros de 2011- e incluirá conectividade con British Airways. Ademais, o alcalde desvelou que o Concello dará todas as facilidades para a instalación en Vigo da baixo custo de Iberia, sen aportacións económicas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o voo Vigo-Londres operará os martes, xoves e sábado, de marzo a outubro, as mesmas frecuencias e cos mesmos avións que o fixo este verán, pero cun custo un tercio menor, de 450.000 euros. Esta rebaixa de case o 33% responde á "boa ocupación" rexistrada na ruta deste verán, próxima ao 65%.
Como novidade, o acordo para 2012 permitirá aos viaxeiros a conectividade cos vóos de British Airways, co que será posible facturar en Peinador para viaxar a calquera destino desta compañía sen ter que volver a facelo en Londres.
Indicou o alcalde que o obxectivo do goberno de Vigo con esta ruta é consolidala con axudas para afianzar o traxecto e que poida operar en próximos anos sen achegas económicas de ningún tipo.
Iberia Express
Abel Caballero confirmou asemade a instalación da empresa baixo custe de Iberia en Peinador para operar os traxectos a Madrid e "eventualmente" a Barcelona, sen aportacións dinerarias do goberno local.
O alcalde informou que hai dous meses que está en contactos con Iberia para facilitar a implantación da filial e crear "unha gran base" no aeroporto vigués. Caballero amosouse satisfeito pola chegada de Iberia Express, con "prezos substancialmente máis baixos" que os actuais e cos mesmos avións dispostos actualmente para a ruta coa capital española.
A chegada desta baixo custe a Peinador consolidará "un antes e un despois" para a terminal viguesa pois "convertirá Madrid nun hub de Vigo" e "nos volve facer competitivos fronte a Santiago e Oporto", ambas con low cost, no caso da capital galega subvencionada pola Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes