Escoitar

O Concello adica 87.000 euros ao novo sistema de radiocomunicacións da Policía Local

O alcalde de Vigo informou hoxe venres desta iniciativa, tras validar o goberno local a clasificación de ofertas para prestar este servizo. Trátase dun sistema de voz e datos que inclúe o aluguer das infraestruturas, un máximo de 255 equipos e o mantemento, que en casos graves será nun tempo menor á hora. Por outra banda, Caballero informou da concesión de 23 licenzas urbanísticas por valor de 350.000 euros na reunión da Xerencia celebrada esta mañá.

venres, 9 dec 2011
1323435483policia.jpg
Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, o contrato será dun ano -prorrogable por outros 12 meses- e un investimento nesta mellora das radiocomunicacións da Policía Local de 87.000 euros.

Por outra banda, das 23 licenzas urbanísticas concedidas -e das que o Consello da Xerencia celebrado hoxe tomou coñecemento-, dúas son de novas edificacións, ademais de outorgarse catro de primeira ocupación e cinco de actividades. Pecháronse tamén 18 expedentes de ordes de execución ao realizar os propietarios os traballos requeridos polo Concello.
Descargar todas as imaxes