Escoitar

Abel Caballero visitou as obras do pavillón deportivo de Candeán, onde o Concello adica 2,3 millóns

O alcalde acudiu hoxe mércores a visitar as obras de construcción do pavillón polideportivo de Candeán, financiado íntegramente polo Concello de Vigo cun importe de 2,3 millóns de euros. Esta infraestrutura "forma parte da política de construción de pavillóns e instalacións deportivas que estamos levando adiante", apuntou Caballero, quen adiantou que a inauguración será "o antes posible".

mércores, 7 dec 2011
1323276763candean.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que esta obra vén do mandato anterior, cun importe de 2,3 millóns de euros e máis de 2.000 metros cadrados de superficie construída.

Esta iniciativa "forma parte da política de construción de pavillóns e instalacións deportivas que estamos levando adiante", afirmou o rexedor, e contará cunha grada para case 300 espectadores, una pista polideportiva, vestiarios, etc. Segundo apuntou, faltan remates no acceso e na acometida da luz, estando polo tanto "practicamente preparado para a súa terminación e posta en funcionamento".

Caballero recordou que este pavillón está "financiado na súa integridade polo Concello de Vigo", despois de anular o executivo autonómico de Núñez Feijóo o convenio rubricado polos anteriores gobernos de Vigo e Galicia para construílo. O texto rubricado polos equipos liderados por Touriño e Caballero incluía este pavillón e a construción dunha nova pista de atletismo en Balaídos, cun custo total de 7 millóns de euros.

O pavillón polideportivo de Candeán "era imprescindible facelo", dixo o alcalde vigués, e por iso foi financiado na súa totalidade polo goberno de Vigo.
Descargar todas as imaxes