Escoitar

Caballero "dará instruccións" a Aqualia para que non comece a cobrar a auga ás entidades sociais

O alcalde de Vigo "non contempla a hipótese" de que institucións sociais como a clínica San Rafael ou os Hermanos Misioneres dos Enfermos pobres, entre outras, empecen a pagar o recibio de auga, despois de levar máis 20 exentos por ser institucións municipais. Logo de reunirse co responsable da clínica San Rafael, José Antonio Atienza, avanzou que "dará instrucións" para que non teñen que pagar "porque non creo que se teña producido nada que xustifique este cambio".

luns, 5 dec 2011
1323096186rafael.BMP
O rexedor municipal amosou hoxe o seu rexeitamento á decisión "unilateral" de Aqualia de cobrar os recibos de auga a institucións sociais municipais. Logo de manter un encontro co xerente da Clínica San Rafael, José Antonio Atienza, indicou que "non contempla a hipótese" de que esta asociación como sucede cos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres ou as Monjas do Antiguo Asilo, que tamén teñen solicitada unha entrevista co rexedor, "supoño que por este mesmo tema"- puntualizou- empecen a pagar o recibo de auga, despois de levar 20 anos exentos.

Caballero anunciou que "dará instrucións" a Aqualia para que esta situación se arranxe porque para estas institucións supón un pago "insostenible". No caso da Clínica San Rafael, exemplificou, a factura ronda os 20.0000 euros, engadindo que este montante é aínda superior no caso dos Hermanos Misioneros, "non creo que se teña producido nada que xustifique este cambio", concluíu.

Descargar todas as imaxes