Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechadas ao tráfico as rúas CHAO e MÉNDEZ NÚÑEZ

venres, 2 dec 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe dun guindastre, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estarán pechadas ao tráfico as rúas CHAO e MÉNDEZ NÚÑEZ, con acceso exclusivo para garaxes, o DOMINGO 04 de decembro de 2011 dende as 08:00 até as 16:00 horas.

Os desvíos debidamente sinalizados establécense polas rúas: Oliva, Joaquín Yáñez e Fermín Penzol.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.