luns, 28 novembro 2011

O Pleno aproba destinar 1,9 millóns de euros ao pago da sentenza urbanística de Nebrija

O goberno local sacou este luns adiante a modificación de crédito para adicar 1,9 millóns de euros -orzamentados este ano polo Concello para o primeiro pago das expropiacións da depuradora- á abonar a sentenza urbanística de Nebrija, ámbito ilegalizado polos xulgados. Os socialistas aceptaron a enmenda nacionalista de desvincular esta decisión á prórroga de Aqualia e ambos grupos aprobaron o acordo coa oposición do Partido Popular.

A Corporación acorda por unanimidade elaborar un plan director para as zonas verdes da cidade

luns, 28 nov 2011

Os tres grupos políticos aprobaron no Pleno deste luns a moción popular de elaborar un plan director para a conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. O Pleno tamén acordou habilitar un sistema identificador dos vehículos de asistencia a domicilio e dos profesionais sanitarios e aprobar o regulamento de Participación Cidadá e medidas de apoio ás asociacións veciñais.

Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886)

luns, 28 nov 2011

Os músicos Pablo de Naverán (cello) e Alexander Kandelaki (piano) renderán homenaxe a Franz Liszt no cumprimento do bicentenario do seu nacemento. O concerto, que terá lugar no Auditorio Municipal, enmárcase nun ciclo organizado pola Obra Social de Caja España-Caja Duero, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas de Vigo, e que se compón dun total de trece concertos por toda España.

Anuncio de MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa CATABOI

luns, 28 nov 2011

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CATABOI, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.