O Pleno aproba destinar 1,9 millóns de euros ao pago da sentenza urbanística de Nebrija
O goberno local sacou este luns adiante a modificación de crédito para adicar 1,9 millóns de euros -orzamentados este ano polo Concello para o primeiro pago das expropiacións da depuradora- á abonar a sentenza urbanística de Nebrija, ámbito ilegalizado polos xulgados. Os socialistas aceptaron a enmenda nacionalista de desvincular esta decisión á prórroga de Aqualia e ambos grupos aprobaron o acordo coa oposición do Partido Popular.
O Pleno da Corporación municipal aprobou este luns destinar 1,9 millóns de euros a pagar a sentenza urbanística indemnizatoria do ámbito de Nebrija.
Tras desvincular do expediente da modificación de crédito calquera "alusión" á prorroga da concesión de aguas a Aqualia, os socialistas recabaron o apoio nacionalista para facer fronte ao ditame xudicial, cambiando a partida da primeira anualidade das expropiacións da depuradora para este fin.
O Partido Popular opúxose ao acordo e defendeu que o goberno local pagase esta sentenza con cargo aos remanentes da Tesorería do Concello. Esta posibilidade foi desbotada polos socialistas argumentando que xeraría inestabilidade orzamentaria, segundo informa a Intervención Xeral.