venres, 2 dec 2011
Sesenta axentes foron condecorados esta mañá polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, coincidindo coa celebración do Día da Policía. O Auditorio Municipal foi o escenario elixido para recoñecer a traxectoria de 30 axentes recién incorporados, 25 que levan outros tantos anos no servizo e outros 5 que se xubilaron este ano. Durante a súa intervención, Caballero "recoñeceu" o traballo deste corpo de seguirade, poñendo en valor a súa contribución na cidade.
venres, 2 dec 2011
O alcade de Vigo participou esta mañá na inauguración do Seminario Hacia un mercado hipotecario europeo. El Parlamento europeo decide, organizado no Auditorio Mar de Vigo. Na súa intervención nas xornadas, organizadas polo eurodiputado socialista Antolín Sánchez Presedo, Caballero sinalou a trascendencia deste encontro "xa que, entre outros temas, se decidirá sobre cuestións tan controvertidas como os mecanismos de establecemento das hipotecas" .
venres, 2 dec 2011
Abel Caballero achegouse hoxe ata a pista de xeo instalada na zona na que se organiza a festa de Coia. Cunha carpa de 40x20 metros e unha pista de 30x16, a deste ano "convértese na maior pista instalada nunca na cidade, bastante maior que a do ano pasado, exemplificou. O rexedor lembrou que para participar hai que ser maior de tres anos e que os 100 patinadores que como moito poden albergar as instalacións contan coa constante vixiancia de monitores. Engadiu que o tempo por sesión é de 45 minutos e haberá prezos especiais para grupos escolares.
venres, 2 dec 2011
Con motivo do "Día internacional da discapacidade" a concellería de Política de Benestar do celebrou hoxe venres na Casa das Artes un acto no que se deu lectura ao manifesto do "Día internacional da discapacidade", entregaronse os premios "Accesibilidade" e "Atranco" e presentouse a exposición "COLLAXATE". No manifesto reivindicase os dereitos sociais e a continuidade e estabilidade do sector da discapacidad.
venres, 2 dec 2011
Para finalizar os obradoiros dominicais deste ano o Verbum ofrece unha viaxe moi especial, unha viaxe en alfombra! da man de Teresa González, premio Xerais de literatura infantil no 2010. Nestas viaxes asistirase á narración das historias máis coñecidas da literatura universal como son: A Odisea, Moby Dick, A Illa do Tesouro, 20.000 Leguas de Viaxe Submarina... Estes obradoiros están destinados aos menores de 5 a 12 anos e familias en horario de 12 a 13 horas.
Anuncio Normalización Lingüística
venres, 2 dec 2011
O venres, 2 de decembro, ás 19:30 h na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Emilio Martínez Garrido, 21) terá lugar unha charla-coloquio sobre a toponimia da parroquia de Lavadores, con Iván Sestai, autor do libro Toponimia do Val do Fragoso, volume II. Lavadores.
ANUNCIO DE XUVENTUDE
venres, 2 dec 2011
A Concellería de Xuventude programa un Campamento de Nadal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.<br />
Anuncio de Normalización Lingüística
venres, 2 dec 2011
O domingo, 4 de decembro, ás 17:00 h en Detrás do Marco (r/ Londres, s/n) terá lugar un contacontos para público familiar. Haberá unha persoa intérprete de linguaxe de signos.
venres, 2 dec 2011
O vindeiro sábado, 3 de decembro, ás 20:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto de rap de Polos Opuestos.O concerto é gratuíto e responde aos obxectivos da Concellería de Xuventude de apoiar as iniciativas musicais da mocidade da nosa cidade, aportando para elo salas de ensaio, información, formación e divulgación.