Concerto de "Xardín desordenado" no Auditorio Municipal
A Concellería de Cultura e Festas colabora coa productora Músicas do Sul, na presentación do primeiro disco do grupo vigués "Xardín desordenado" que terá lugar o venres, día 2 de decembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal.O acceso ao concerto é gratuito ata completar aforamento.As invitación pódense recoller no despacho de billetes 60 minutos antes.
No outono de 2008, uns músicos de Vigo decidiron recorrer librerías e bibliotecas, na procura de palabras as que lle poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios cronolóxicos, estilísticos o temáticos, senón á inspiración (ás veces provocación) que os poetas producían nos "exploradores". O obxectivo de Xardín Desordenado é promover á poesía galega.
Integrantes:
MARLENE RODRÍGUES - VOZ
SANTIAGO FERRAGUD - VOZ E GUITARRA ESPAÑOLA
BLAS SEGURA - BAIXO ELÉTRICO
DAVID OUTUMURO - PERCUSIÓN
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ESPAÑOLA
Descargar todas as imaxes
Integrantes:
MARLENE RODRÍGUES - VOZ
SANTIAGO FERRAGUD - VOZ E GUITARRA ESPAÑOLA
BLAS SEGURA - BAIXO ELÉTRICO
DAVID OUTUMURO - PERCUSIÓN
ISAAC GARABATOS - GUITARRA ESPAÑOLA